9 maio , 2013
Nano estreou o renovado espazo dedicado ós contos na Biblioteca Central de Vigo. Detrás do novo telón azul celeste, esperou a que os cativos encheran a sala, nunha nova sesión de Nancontos, o contacontos para os máis pequenos.
O público espectante agardano a aparición de Nano:
(Esta actividade realizóuse ao abeiro do programa Ler Conta Moito)
13 abril , 2013
O lectores máis pequenos de O Grove, tiverón unha cita este sábado con Nano e os seus Nanocontos na Biblioteca Pública Municipal Manuel Lueiro Rey. Esta actividade enmarcase na iniciativa “Bibliofamilia”, desenrolada por esta biblioteca, para que os nenos se acheguen á lectura acompañados dos seus pais.
O xornal Diario de Arousa, reseñou esta actividade na sua edición do 13/04/2013:
22 febreiro
, 2013
Nano continua viaxando e viaxando, e así chegou á Biblioteca Nodal de Lugo. Os mais pequenos seguiron con moitísima atención as aventuras de Nano e Pío, e para rematar, nada mellor que un bo baile!
24 xaneiro , 2013
Nanocontos: A Viaxe de Nano, o espectáculo de contos para nenas e nenos de 0 a 3 anos, regresa á Biblioteca Central de Vigo. A sala estaba completamente chea, e rematamos todos danzando o baile de Nano e Pio.
29 novembro , 2012
Nanocontos: o espectáculo de contos para bebés, viaxou ata a Biblioteca Municipal de Lugo. As nenas en nenos seguiron con moitísimo interés as aventuras de Nano, a rá protagonista. Para moitos dos bebés, esta era a sua primeira visita a biblioteca!
22 novembro , 2012
Os mais pequenos difrutaron das novas aventuras de Nano e dos sus amigos, na Biblioteca Central de Vigo…
A terceira entrega deste espectáculo de contos para os mais pequenos (0-3 anos) está chea de sorpresas…