Contos para bebés: Nano e Dara na Biblioteca Central de Vigo

Cantas nais, cantos pais, avós, avoas e sobre todo pequerrechas e pequerrechos me agardaban na Biblioteca Central de Vigo, dispostos a ver e escoitar as aventuras de Nano e Dara.


O vindeiro 22 de novembro voltarei a este espazo coa estrea de O XOGO DE NANO.

Nanocontos: A viaxe de Nano na Casa Común de Oza (Teo)

Máis de 100 meniñas e meniños, acompañados das súas nais e pais, participaron na festa de gradación coa que celebraron o fin de curso das escolas infantís do Concello  de Teo (Calo, Vos Tilos…).  Nano e Pio fixeron moitos amigos!

Nanocontos na Biblioteca Central de Vigo

Estrea da segunda parte  Nanocontos, o espectáculo de contacontos e manipulación de obxectos para bebés (de 0 a 3 anos) na Biblioteca Central de Vigo. Nano continua as súas aventuras e no seu camiño atópase con Dara, unha porquiña moi espelida que lle vai cambiar a vida.

Está a piques de saír do forno a terceira parte de Nanocontos. Non vola perdades!

Nanocontos en Bóveda (Lugo)

Nanocontos en Bóveda (Lugo)

O venres 13 de abril, os nenos do Colexio Rosalía de Castro, asistiron á representación de Nanocontos na Biblioteca da Casa da Cultura de Bóveda.

Gracias a Miriam pola súa amabilidade!

X