Nanocontos en Neda

5 outubro, 2013

A Biblioteca Pública Municipal de Neda, programou o contacontos para bebés Nanocontos, coa colaboración do programa de fomento da lectura  Ler conta moito, da Xunta de Galicia. E alí fomos Nano mais eu, a presentar os mais xoves lectores os libros que teñen a súa disposición na súa biblioteca. Como sucedeu en outras bibliotecas, os contos foi a escusa perfecta para que os pais e nais se achegaran por vez primeira á biblioteca, e así a xornada rematou con algún novo carné de socio.

X