Obradoiro “Como nacen as historias” no CIFP Portovello

17 marzo, 2021

O pasado 17 de marzo fun  compartir  as miñas andainas de contadora cas futuras mestras e mestres do CIFP Portovello. Partillamos cantigas, adiviñas, trabalinguas e contos, pero tamén memoria. Aquela memoria  que dorme nos obxectos, aqueles  que gardamos con agarimo…
Grazas por contar comigo un ano máis!!
Grazas Mavi, por estar pendente de todo!
Fomos na procura das historias agachadas entre diminutas cunchas mariñas. Rescatamos lembranzas que viven baixo o tic tac do vello reloxio. Xogamos envoltas na nostalxia azul da lene manta.
Grazas a todas por traspasar a pantalla!! Agora a xogar, a recordar e a contar!!

 

 

 

 

E por suposto, grazas por todas polos vosos comentarios  e reflexions sobre o obradoiro!!

 

X