15 agosto , 2013

Durante os días 10, 17, 24 e 31 de xullo, impartín na Biblioteca Nodal de Pontevedra un obradoiro de introdución a linguaxe cinematográfica, titulado “Contos para rodar” e dirixido a rapaces de entre 9 e 12 anos. Esta actividade foi organizada por Anias Xestión e Animación Sociocultural.
A partir de dúas historias da obra “Contos por Teléfono”, de Gianni Rodari, os rapaces elaboraron o guíon, construíron títeres e o atrezzo, ensaiaron, e finalmente grabaron duas curtas: “Confundido Historias” e “Tonino ó invisible”.
Velaí o resultado:
23 agosto , 2012
Durante o mes de xullo levei a cabo na Biblioteca Nodal de Pontevedra un obradoiro de contos creativos. Este ano o tema a tratar era os hábitos sáudables. Durante catro sesións as nenas e nenos de 4 a 6 anos participaron nuha chea de actividades aderezadas con historias moi divertidas.

23 agosto , 2012
Este ano tiven o inmenso pracer de acudir a escola de verán que organiza a Asociación Internacional das Marionetas (UNIMA), celebrada no Centro Internacional do Títere de Tolosa (TOPIC).

Era a primeira vez que me achegaba ata Tolosa, tiña moitas ganas de participar nos obradoiros que programaba UNIMA. Foi un grato descubrimento coñecer a Neville Tranter, un gran maestro titiriteiro e unha belísima persoa. Aqui vos deixo a ligazón con información de toda a programación da que puiden gozar en compañía de grandes profesionais de tódalas partes do mundo.
Convídovos dende aquí a que visitedes un dos mellores museos da marioneta que temos.
23 agosto , 2012
O pasado día 27 achegueime ata a Biblioteca de Salceda de Caselas para realizar un obradoiro de construcción de títeres. Para este obradoiro, a técnica escollida foi a de construcción de títeres de varilla utilizando bolsas de papel . Alí agardábanme máis de quince nenas e nenos con moitas ganas de pasalo ben!

18 maio , 2012
O venres 18 de maio pola tarde celebrouse na alameda de Marín un obradoiro de poesía e xogos populares co gallo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a actividade foi organizada pola ANIAS formación e xestión sociocultural. Eu impartín o obradoiro de poesía, levei varios libros de poesía de diferentes autores galegos: Gloria Sánchez, Carlos Fontes, Rosalía de Castro, Antón Cortizas, Fran Alonso, etc. A rapazada creou varios textos seguindo diferentes técnicas; fixeron caligramas, acrósticos, crearon poemas coas palabras durmidas… Tódolos traballos quedaron expostos para goce dos paseantes da alameda, abraiados ante tanta creatividade.
Dende aquí quero recomendar especialmente un libro para traballar a poesía nas aulas: VERSOS EN FLOR do fantástico poeta Carlos Fontes.

Versos en flor, de Carlos Fontes (Ed. Galaxia)



24 marzo , 2012
Tiven o pracer de ser invitada a participar nas III xornadas “A competencia lingüistica. Un proxecto de Centro”, organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), celebradas no CIFP Politécnico de Santiago os días 23 e 24 de marzo.
A miña intervención tivo lugar o día 24: baixo o título ‘Alegoría da comunidade educativa na procura do coñecemento a través de aprendizaxes comunicativas”, representei unha historia sobre a orixe da escritura e un conto baseado en pictogramas dos indios iroqueses.
As Zocas Faladoras, o Blog de ANIMACIÓN Á LECTURA da biblioteca do IES de POIO, fíxose eco das xornadas.

