Obradoiro “Cando contan elas” no CIFP Portovello

11 febreiro , 2020

Estiven no CIFP PORTOVELLO de Ourense impartindo un obradoiro de “Iniciación á arte de contar historias. Cando contan elas” para o alumnado dos diferentes ciclos.
Descubrimos  as versións orixinais de moitos contos que coñecemos. Pescudamos na tradición oral  contos onde as personaxes femininas teñen moito que contar. Mergullámonos nas lembrazas da nenez na busca dunha voz propia. Un longo camiño poboado de historias…
Grazas pola confianza.

 

X