Obradoiro de títeres en Salceda de Caselas

O pasado día  27 achegueime ata a Biblioteca de Salceda de Caselas para realizar un obradoiro de construcción de títeres. Para este obradoiro, a técnica escollida foi a de construcción de títeres de varilla utilizando bolsas de papel . Alí agardábanme máis de quince nenas e nenos con moitas ganas de pasalo ben!

Titere de bolsa

Obradorio de poesia en Marín

O venres 18 de maio pola tarde celebrouse na alameda de Marín un obradoiro de poesía e xogos populares co gallo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a actividade foi organizada pola  ANIAS formación e xestión sociocultural. Eu impartín o obradoiro de poesía, levei varios libros de poesía de diferentes autores galegos: Gloria Sánchez, Carlos Fontes, Rosalía de Castro, Antón Cortizas, Fran Alonso, etc. A rapazada creou varios textos seguindo diferentes técnicas; fixeron caligramas, acrósticos, crearon poemas coas palabras durmidas… Tódolos traballos quedaron expostos para goce dos paseantes da alameda, abraiados ante tanta creatividade.

Dende aquí quero recomendar especialmente un libro para traballar a poesía nas aulas: VERSOS EN FLOR do fantástico poeta Carlos Fontes.

Versos en flor, de Carlos Fontes (Ed. Galaxia)

III Xornadas: “A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro”

Tiven o pracer de ser invitada a participar nas III xornadas “A competencia lingüistica. Un proxecto de Centro”, organizadas polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), celebradas no CIFP Politécnico de Santiago os días 23 e 24 de marzo.

A miña intervención tivo lugar o día 24: baixo o título ‘Alegoría da comunidade educativa na procura do coñecemento a través de aprendizaxes comunicativas”, representei unha  historia sobre a orixe da escritura e un conto baseado en pictogramas dos indios iroqueses.

As Zocas Faladoras, o Blog de ANIMACIÓN Á LECTURA da biblioteca do IES de POIO, fíxose eco das xornadas.

 

Obradoiro de teatro en San Ciprián.

Os días 22 e 23 de decembro, impartín en na fermosa vila de San Ciprián, dous obradorios de teatro para rapaces de tres a sete anos e de oito a doce anos. Disfrutaron moito e queren repetir!. Terminamos cunha representación da obra de teatro que crearon os maiores e despis un espectáculo de contos para toda a familia na Casa da Cultura para celebrar o Nadal.

X