Obradorio de poesia en Marín

18 maio, 2012

O venres 18 de maio pola tarde celebrouse na alameda de Marín un obradoiro de poesía e xogos populares co gallo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a actividade foi organizada pola  ANIAS formación e xestión sociocultural. Eu impartín o obradoiro de poesía, levei varios libros de poesía de diferentes autores galegos: Gloria Sánchez, Carlos Fontes, Rosalía de Castro, Antón Cortizas, Fran Alonso, etc. A rapazada creou varios textos seguindo diferentes técnicas; fixeron caligramas, acrósticos, crearon poemas coas palabras durmidas… Tódolos traballos quedaron expostos para goce dos paseantes da alameda, abraiados ante tanta creatividade.

Dende aquí quero recomendar especialmente un libro para traballar a poesía nas aulas: VERSOS EN FLOR do fantástico poeta Carlos Fontes.

Versos en flor, de Carlos Fontes (Ed. Galaxia)

X