
“O caderno atopeino na papeleira da clase de 6º C.
Estaba manchado e medio roto, aínda así chamou poderosamente a miña atención.
Collino e abrino ao azar…”
Se non se fala da diversidade sexual, esta non existe. E así no silencio viven infinidade de historias que agardan unha oportunidade para ser contadas, porque si, ti importas!
E fai falla coñecer esas historias para ter referentes. A única maneira de normalizar a diversidade sexual é a través da visibilidade, facendo partícipes ás persoas desde a nenez, da liberdade de poder ser unha mesma, un mesmo. Antes non era posible.
Deixemos de consideralo un tema tabú.
Estas historias diversas queren fomentar o respecto e a empatía, poñerse no lugar da outra persoa para evitar ás situacións tan dolorosas de acoso e exclusión.
As cousas non son brancas ou negras, están cheas de cores.





Dirección e interpretación:
Raquel Queizás
Espectáculo de narración oral
Duración: 45 minutos
Recomendado para nenas e nenos a partir de 6 anos.