Obradoiro de narración con obxectos no CIOV

1 xuño, 2016

Este ano no CIOV  (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo) impartín un obradoiro sobre a narración de contos con obxectos.

Comezamos xogando co máis sinxelo, con pauciños, paus do monte, buscando a súa identidade. Co paso dos días descubrimos que era o pau quen nos movía a nós e non ao revés. Xurdiron historias cómicas, poéticas, dramáticas. Na segunda parte deste obradoiro manipulamos obxectos da vida cotiá na procura da súa metáfora  para contar o conto. As alumnas e alumnos xa son un gran equipo que se xunta para contar os  Contos da Pota, ou os Contos da Granxeira. Fai falla moita imaxinación e moitas ganas de xogar co noso imaxinario e contos, fan falla moitos contos…Aquí os podedes ver.

Grazas ao departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo e a Ana Carreira, a directora da escola por confiar no meu traballo.

X