Historias para cambiar o mundo
Dende a RIC, Red Internacional de Cuentacuentos, fannos chegar unha invitación para que nos sumemos á súa celebración: Historias para cambiar el mundo, o 21 de xuño do 2012 e a partir de entón, o 21 xuño de cada ano. Convocan a todas as persoas que queiran sumarse a esta festa: conta contos, narradores espontáneos, bibliotecarias e bibliotecarios, docentes, nais, pais, avós, mozos e todo o que queira contar contos ese día. Aquí vos deixo un enlace para que o consultedes.
Eu únome encantada a esta iniciativa, estarei con CONTOS DO CESTIÑO en Meis, o 21 de xuño ás 17.30 na Casa do Escudeiro, nos fermosos xardíns. Quedades todos convidados.