Feira das Industrias Culturais 2013 (CULTURGAL)

A feria das industrias culturais galegas, –Culturgal para os amigos- desenvolveu a súa sexta edición en Pontevedra, os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. Uns días moi intensos onde se puxo de manifesto a desbordante creatividade das persoas, empresas e organizacións adicadas a cultura en Galicia.

Unha  mostra disto foi a presentación do novo proxecto de Magín Blanco, Gatuxo, onde teño o inmenso pracer de participar.

Gatuxo é unha palabra inventada, que define a crianza que gatea para explorar e coñecer o mundo que o rodea.

Gatuxo é un espectáculo fusión de música, cantigas, teatro, contacontos, clown, manipulación de obxectos e claqué interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz, dirixido a crianzas de 0 a 3 anos e ós seus familiares acompañantes.

No Culturgal ofrecimos apenas un petisco do espectáculo, que será estreado no próximo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, en marzo do próximo ano 2014.

E tamén houbo tempo para contar algún conto no stand de UNIMA Galicia, (A sección galega da Unión Internacional das Marionetas):

Próxima estrea de CHÍOS de Teatro da Semente

Xa falta nada para a estrea da nova montaxe de Teatro da Semente: CHÍOS, poesia sensorial para bebés.

Dúas nenas xogan nun xardín de madeira onde todo é un bosque de sons e sensacións. Dous paxaros pequeniños chían para descubrir o mundo a través do xogo e das cancións.

Chíos son asubíos dos paxaros espertando á mañá, entoando un doces soños á noitiña.

Chíos son dúas nenas que espertan para xogar- con animais e cousas e sons e fantasía- e cantan para durmir como quen conta ovelliñas.

O próximo domingo, 27 de outubro, na sala Latuerka27 de A Coruña, o primeiro pase ás doce da mañán e o segundo a unha. Alí os agarda Teatro da Semente (Chús Alvárez e eu mesma, Raquel Queizás)

Son San. Alimentación e hábitos saudables

SON SAN é un espectáculo de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico. Contén fragmentos musicais acompañados de sinxelas coreografías para que bailen os nenos.

A través do percorrido de Xan as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable. Tamén reforzarán os seus coñecementos das partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene. Por último, non nos esqueceremos do necesario que é facer exercicio, estar en forma.  Eu estou san, SON SAN e ti?

SON SAN é un proxecto de creación propia, froito du encargo de Anias Xestión e Animación Sociocultural, que vai ser representado nos colexios de Pontevedra.

Ler conta moito 2013

Ler conta moito é o novo programa de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais. Este programa toma o relevo do denominado “Letras Vivas”, que estivo funcionado ata o ano pasado.

Dous dos meus espectáculos de contacontos e animación a lectura (Nanocontos e Historias da Maletra), foron seleccionados entre as 145 actividades que a Conselleria pon a disposición das bibliotecas públicas da Rede de Bibliotecas de Galicia para desenvolver actividades de fomento da lectura.

Podedes consultar o catálogo das  actividades dispoñibles no portal da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Estrea da nova páxina web!

Xa está publicada a nova versión de www.raquelqueizas.com. Ten novas fotografías, xentileza do maravilloso fotográfo Laurent Leger Adame. Incorporáronse todos os espectáculos de contos que manteño en cartel, remodelouse o apartadado chamado media, e agora  se poden descargar fotografías  e ver artículos de prensa con entrevistas e críticas de actuacións. Tamén conta con un enlace directo o canal de youtube, onde se poden ver fragmentos de actuacións.

O diseño e construcción da páxina é de Daniel Piñeiro. Gracias de novo!

Contacontos

Feria Das Industrias Culturais de Galicia (CULTURGAL) 2012

O 30 de novembro, 1 e 2 de decembro tivo lugar en Pontevedra a Feria Das Industrias Culturais (CULTURGAL). Comezamos o venres 30 de novembro ás 7 da tarde coa presentación do showcase (trailer) do Kikirixote de Os Monicreques de Kukas no Patio. A obra tivo moi boa acollida por parte do público, que foi moi variado, moi familiar.

O Kikirixote no Culturgal

O sábado e o domingo estiven colaborando no stand de UNIMA Galicia, alí coñecín a novos amigos e compañeiros titiriteiros. A xente traía fame de contos, de títeres, de teatro… e que mellor ocasión para contar que nesta Feira Cultural!

Contacontos no Culturgal

Contacontos no Culturgal

X