2 abril , 2024
Festexamos o Día do libro infantil e xuvenil contando na Casa da Cultura de San Sadurniño coas máis cativas do cole. Unha proposta para descubrir o mundo en que vivimos a través das lendas e contos doutros lugares, pero tamén para fomentar o amor polos libros e a lectura que, ao cabo, é unha maneira de formar persoas adultas libres, solidarias e respectuosas coas demais. Grazas, Ana, polas fotos tamén
Este espectáculo encádrase nas actividades da Biblioteca Municipal “Lendo En San Sadurniño” a través do programa Ler Conta Moito da Consellaría de Cultura.
19 marzo , 2024
Tarde de cine no Museo Interactivo da Historia de Lugo! Que ben volver contar unha vez máis a historia da nai do cinema. Grazas por todo!!! Ata a próxima historia
Grazas ao Nós Diario por por reseñar a actuación:
4 marzo , 2024
Estrea absoluta de “Descubrindo Magas” no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva como tema “A maxia”.
“Descubrindo Magas” achega as historias de moitas mulleres magas que, aínda que descoñecidas, habelas hainas. Contei a historia das irmás Fox, que foron moi famosas nos Estados Unidos porque seica podían falar cos mortos (ou iso pensaba a xente, xa que logo recoñeceron que non era tal, que todo nacera dunha brincadeira). Tamén puidemos coñecer a historia de Lulu Hurst, que foiu coñecida como a “moza magnética” pola súa forza sobrehumana. Tivemos, na sesión, raios, tronos e libros máxicos!!!
Este espectáculo o pudieron ver en primicia o alumnado dos centros escolares de Pontevedra CEP Marcos da Portela, CEIP Xunqueira 2 e CEIP do Carballal de Marín.
1 marzo , 2024
Un novo programa educativo xa está en marcha na área de Pontevedra gracias á Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (ANEDIA) . Os rapaces de CEIP Cabanas xa coñecen un pouquiño máis que é a diabetes e como axudar aos seus compañeiros e compañeiras con diabetes. E ti de que tipo eres? Sabes como axudar a unha persoa con diabetes en dificultades? Coñeces que tipos de diabetes existen?
E esta misma mañan, fuimos ao CEIP Marcón, co espectáculo Son San, dirixido aos máis novos do cole. Son San está dirixido a fomentar hábitos saúdables dende a infancia. A diabetes tipo 1 unha enfermidade autoinmune, e a súa aparición non ten relacións coa alimentación, pero sí que é certo que unha alimentación e uns hábitos saúdables son imprescindibles teñas diabetes ou non.
E o día 29 de febreiro, fumos ao IES Xunqueira II, esta vez con Caso Azul, unha obra adaptada aos adolescentes:
24 febreiro
, 2024
A tarde de treboada foi perfecta para mergullarnos nas primeiras adaptación cinematográficas dos contos tradicionais en Cinema Marabillas. Ver para ler. Grazas familias de Cedeira por acudir o Auditorio a gozar destas historias!
Grazas o xornal dixital Quincemil por anunciar a actuación!
3 febreiro
, 2024
Que ledicia ser convidada nada mais e nada menos que á inaguración da biblioteca do CEIP Ortigueira de Vedra.
Que boa nova que haxa unha biblioteca máis no mundo!!!
La Voz de Galicia. Ed. Santiago 03/02/2023