Cinema de historias da man de Alice Guy en Hío

Agardando o solpor para gozar de “Cinema de historias da man de Alice Guy, a nai do cine”no marabilloso entorno do Cruceiro de Hío, que hoxe fai 150 años!!! Parabéns. Moitas grazas á Biblioteca Hio!

 

 

Alice Guy en La Adrada (Ávila)

Feliz de seguir a contar a história da magnífica Alice Guy. Nesta ocasión no Concello de La Adrada, en Ávila

 

Cinema de historias da man de Alice Guy en Nigrán

A rapazada do Ceip Humberto Juanes quedou fascinada ao coñecer a historia da gran Alice Guy
Grazas, profes, directora por tanto agarimo e polo agasallo. Grazas ao Concello de Nigrán pola confianza no meu traballo!!

Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres.

Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, directora, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…

Cinema de historias da man de Alice Guy no MuNCyT

Hoxe 28 de decembro estiven no Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MuNCyT) da Coruña con Cinema de historias da man da gran Alice Guy. Unha sesión entrañable, rodeada de futuras promesas do cinema. Grazas polos vosos aplausos e curiosidades. Agora tócavos a vós contar a súa historia.

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy en O Grove

Grazas a Deputación De Pontevedra e a súa programación Tornar Ás Táboas, hoxe, venres 22d e outubro, ás 18h, estiven na Biblioteca do Grove contando a fabulosa historia da inventora do cinema, si, inventora e non pioneira.

‘Dicir que Alice Guy foi unha pioneira resulta reduccionista. O dicionario define o adxectivo pioneira como persoa que dá os primeiros pasos nalgunha actividade humana. Alice Guy non deu os primeiros pasos na ficción cinematográfica: inventouse o cinema. Non explorou nin descubriu un territorio descoñecido: debuxouno ela mesma, sen compás nin mapa nin rastro de faragullas que seguir para volver en caso de perda.’

Grazas Samuel Arnoso polas fotos.

 

 

X