Cinema de historias da man de Alice Guy en Nigrán

8 marzo, 2022

A rapazada do Ceip Humberto Juanes quedou fascinada ao coñecer a historia da gran Alice Guy
Grazas, profes, directora por tanto agarimo e polo agasallo. Grazas ao Concello de Nigrán pola confianza no meu traballo!!

Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres.

Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, directora, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…

X