Cinema de historias da man de Alice Guy no CPI Pecalama

Que mellor cousa para celebrar o Día Internacional da Muller que contar a esquezida historia de Alice Guy, a verdadeira creadora do cinema!

Grazas ao CPI Pecalama de Tordoia por convidarme nesta data tan especial!

Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito máis…

 

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy no CEIP de Viñas

Grazas ao CEIP de Viñas en Poio e Andrea Bayer por pensar en min para rematar as actividades do 25N. A seguir gozando co cine!!!

Alice Guy foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, directora, deseñadora de vestiario, cámara, produtora, cómica, maga e moito.

 

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy no Museo da historia de Lugo

Quedou tarde de cine!! Grazas a Cultura e Turismo de Lugo, a o Museo da historia e aB iblioteca Municipal  por permitirme contar a historia da fascinante Alice Guy, a nai do cinema. Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres.

 

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy no CEP de Riomaior

Sempre é unha ledicia gozar das bibliotecas!!

Hoxe no CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa contaron comigo para tan importante evento. Ata alí fun para desvelar a fabulosa historia da gran Alice Guy, a nai do cinema. . Grazas ao cole ao Concello de Vilaboa e tamén a Culturactiva por contar comigo.

 

 

 

 

 

 

 

X