Cinema de historias da man de Alice Guy en O Grove

22 outubro, 2021

Grazas a Deputación De Pontevedra e a súa programación Tornar Ás Táboas, hoxe, venres 22d e outubro, ás 18h, estiven na Biblioteca do Grove contando a fabulosa historia da inventora do cinema, si, inventora e non pioneira.

‘Dicir que Alice Guy foi unha pioneira resulta reduccionista. O dicionario define o adxectivo pioneira como persoa que dá os primeiros pasos nalgunha actividade humana. Alice Guy non deu os primeiros pasos na ficción cinematográfica: inventouse o cinema. Non explorou nin descubriu un territorio descoñecido: debuxouno ela mesma, sen compás nin mapa nin rastro de faragullas que seguir para volver en caso de perda.’

Grazas Samuel Arnoso polas fotos.

 

 

X