A Maleta da Avoa en Sarria

O espectáculo de contos A Maleta da Avoa, convocou a unha morea de nenos na Biblioteca Pública Municipal Camilo Gonsar de Sarria. Tanto eles coma os maiores gozaron coas lendas e historias que xurdían da maleta.

Cito a entrada sobre a actuación no blog do programa Ler Conta Moito:

O pasado luns, 15 de setembro, tivemos un cheo total no contacontos “A maleta da avoa”, onde houbo ledicia para todos e todas; para os maiores foron recordos e para os nenos novidades. A representación resultou marabillosa e o trato cos pequenos inmellorable.

Moitas grazas por estas verbas e ata o próximo conto!

A Maleta da Avoa en Muxía

E cheguei a fermosa Biblioteca Municipal de Muxía, coa Maleta da Avoa por todo equipaxe. Nenos e grandes gozaron coas historias que xurdían da maleta.

A Maleta da Avoa na Praza dos Libros (Carballo)

Foi un pracer levar o meu espectáculo de contos A Maleta da Avoa  á Praza dos Libros, a feira da creatividade cultural que tivo lugar a derradeira semana  de agosto no Xardín Municipal da capital bergantiñá.

E velaí o magnífico programa de actividades:

Os trasnos que gobernan o corrector ortográfico mudou o meu nome, de Queizás a Quizás, non é a primeira que o fan, incluso a min mesma. Ás maquinas queren saber mais que nos :))))

X