Faranduleando en A Coruña con A Maleta da Avoa

Faranduleando é o Festival de Artes de Rua que se celebra polos diferentes barrios de A Coruña organizado polo Concello de esta cidade, dentro da programación das Festas de  María Pita. Tiven o inmenso pracer de ser convidada a participar co espectáculo de contos A Maleta da Avoa, representado hoxe 14 de agosto no Parque Europa. As próximas funcions terán lugar o día 16 en Matogrande (12:00 h) e o luns 18 na Praza da Cubela (18:30).

Titirinoia 2014

O 11, 12 e 13 de xullo, celebrouse en Noia a II edición do festival de monicreques Titirinoia. Nesta edición, fumos 11 as compañias invitadas a participar coas nosas propostas escénicas nas actividades que se desenrolaron nos diversos escenarios instalados no Campo da Feira de Noia. Eu acudín coa obra A Maleta da Avoa, un espectáculo de contos e manipulación de títeres e obxectos que foi moi ben recibido polo público.

A Maleta da Avoa en Vilamincha

Vilamincha é un moi especial espazo creativo para pequenos que se atopa no número 27 da Rúa Fontiñas, en Santiago de Compostela. Aquí, Eva e Emanuela organizan unha chea de actividades artísticas e culturais para o gozo dos mais pequenos (e as súas nais e pais, por suposto). Foi un auténtico pracer coñecer este interesante proxecto, que podedes seguir no seu blog.

Foi unha sorte ser invitada coa Maleta da Avoa, a celebrar o fin de este curso escolar.

A Maleta da Avoa na Feria do Libro de Ourense

A Maleta da Avoa chegou á Fería do Libro de Ourense, invitada pola Biblioteca Nodal de esta cidade, quenes contaban coa seu propio posto. A Feria celebrouse entre o 3 é o 8 de xuño, no céntrico parque da Alameda.

Moitas grazas a Ana Skette e a Daniel Piñeiro polas fermosas fotografías que fixeron:

A Maleta da Avoa no Colexio Amaro Refojo de Verín

A ANPA do Colexio Amaro Refojo de Verín volveu a invitarme a participar nas actividades de peche de este curso 2013-2014. E eu encantada de regresar a miña terra, coa Maleta da miña Avoa na man!

A Maleta da Avoa en A Veiga

A Maleta da Avoa viaxou ata o Concello de A Veiga (Ourense). Fermosas terras polas que nunca andivera, e as que me gostaría voltar.

O público meteuse tanto nas historias que mesmo fuxe despavorido :).

X