Cinema de historias da man de Alice Guy no CEP de Riomaior

Sempre é unha ledicia gozar das bibliotecas!!

Hoxe no CEP Plurilingüe Riomaior de Vilaboa contaron comigo para tan importante evento. Ata alí fun para desvelar a fabulosa historia da gran Alice Guy, a nai do cinema. . Grazas ao cole ao Concello de Vilaboa e tamén a Culturactiva por contar comigo.

 

 

 

 

 

 

 

Cinema de Historias da man de Alice Guy en San Sadurniño

“Cinema de historias da man de Alice Guy”, o meu espectáculo que mestura a narración co teatro e o cinema e pretende divertir e espertar nas crianzas de a partir de 5 anos, o amor polo cinema guiadas por la increible historia de Alice Guy, chega a San Sadurniño, dentro das actividades do Festival de Cine Chanfaina Lab de San Sadurniño.

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy en Sabarís (Baiona)

Grazas por vir ao Multiusos de Sabaris (Baiona) e gozar con Cinema de Historias da man de Alice Guy!!! Grazas Elena Otero Rodriguez e Yama Sama do Concello de Baiona por seguir programando pola igualdade.

Non se pode querer e admirar a quen non se coñece. Agora en Baiona as familias xa coñecen a gran Alice Guy: muller aguerrida que combateu o estereotipo da ama de casa abnegada, Alice Guy casou en 1907, tivo á súa primeira filla en 1908 e en 1910 tornouse na primeira muller en fundar un estudo de filmación (Solax). Un pouco para dar a idea do carácter de Alice, a lenda conta que en 1912, durante o seu segundo embarazo, fundou un segundo estudo en New Jersey , e durante eses meses entregou de 1 a 3 películas por semana.

 

 

 

X