Cinema de historias da man de Alice Guy en Caldas

Gracias de novo ao Concello de Caldas de Reis, por facer posible que Cinema de Historias chegara a todos os colexios de esta vila, e tamen polas fermosas verbas sobre o espectáculo:

Marabillosa tamén a interpretación de Raquel Queizás no espectáculo “Cinema de Historias, da man de Alice Guy”. O alumnado e o profesorado que acudiu hoxe a ver esta obra teatral quedou sorprendido pola historia desta muller que foi un exemplo de empoderamento feminino e ao longo da súa carreira desenvolveu tarefas de directora de cine, actriz, guionista etc.

Cinema de historias da man de Alice Guy en Betanzos

Grazas, Marta Piñeiro, grazas ao Concello de Betanzos por apoiar a miña proposta para rendir homenaxe a Alice Guy.


“No momento en que a xente seguía filmando escenas da rúa, trens entrando na estación, etc. Eu era a filla dun libreiro e encantábanme os libros. Lera moito e fixera teatro amateur e pensei que algo mellor se podía facer. Así que lle suxerín ao Sr. Gaumont que me deixara a cámara para rodar algunhas escenas. Dixo: “iso parece unha bobada de nena. Podes probar se queres cunha condición: que o teu traballo de oficina non sufra. ”

 

Cinema de historias da man de Alice Guy no CEIFP Portovello

Non podemos cambiar o exilio histórico ao que foi condenada durante décadas, pero si podemos facer xustiza con ela a partir de agora. É tan sinxelo como contar a súa historia. Porque ademais é unha fantástica historia: todo empezou cun soño, un xefe que a subestimaba e uns repolos máxicos. Quen non querería coñecer a vida de Alice Guy?

Fotos de Celia, mestra do CIFP Portovello de Ourense.

Grazas a todxs polos parabéns, pola atención, polos agarimos!! Seguimos…

Onte coñecín a historia de Alice Guy, a nai do cinema, unha muller fascinante pero inxustamente ignorada pola historia.
Presentouma Raquel Queizás, quen coñece minuciosamente a súa historia, a través dun impoñente espectáculo que superou cualitativamente as miñas expectativas.
Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres.
Grazas a estas dúas mulleres, Alice e Raquel onte foi un día emocionante!

(Grazas Celia)

Cinema de historias da man de Alice Guy en Cee

Grazas á labor da Fundación Fernando Blanco de Lema, o alumnado de 5º e 6º de Primaria do C.E.I.P. Eugenio López, C.P.R. Manuela Rial e  e usuarios/as de ASPADEX coñeceron a historia da nai do cinema: Alice Guy.
Neste espectáculo viaxamos no tempo para coñecer a súa vida e ver anacos das súas primeiras películas.
Alice Guy é unha muller fascinante pero inxustamente esquecida. Ela foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia. Ademáis de directora, foi actriz, guionista, deseñadora de vestiario, cámara, productora, cómica, maga e moito, moito máis.

X