Cinema de historias da man de Alice Guy en Pontevedra

Esta tarde as familias de Pontevedra coñeceron a gran Alice Guy. Grazas por acompañarme nesta pescuda, agora tócavos a vós contar a súa historia.
Visibilizar o contributo das mulleres ocultas durante séculos é importantísimo e moi necesario para medrar con referentes femininas e poder vibrar en harmonía como mulleres libres.

Grazas de novo a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola!

 

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy en Boiro

Este venres as familias de Boiro poideron vir desfrutar de “Cinema de historias” no Auditorio da Casa da Cultura de Boiro para coñecer a gran Alice Guy.

Agora tócavos a vós contar quen foi Alice Guy, non se pode querer a quen non se coñece! A ela debémoslle o cine como fábrica de soños.

 

Falando de Alice Guy en Radio Redondela

Falando de Alice Guy en Radio Redondela

Dentro das actividades co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, Pazos organiza un espectáculo que mestura o teatro e o cinema. “Cinema de Historias”, coa actriz Raquel Queizás, pretende divertir e espertar nas nenas e nos nenos “o amor polo cine, descubrirlles o poder que teñen as imaxes e o cinema para transmitir historias”. A cita é mañá mércores, día 10, ás 13.00 horasno Auditorio do Concello. Será a propia Alice Guy, a nai do cinema, a que esperte a curiosidade dos asistentes pola orixe da sétima arte. Como tantas outras, Alice Guy foi unha muller inxustamente esquecida. Foi a primeira persoa en dirixir cine de ficción contando unha historia, ademais foi actriz, guionista, cámara, produtora, maga e moito máis.

 

 

Cinema de historias da man de Alice Guy en Caldas

Gracias de novo ao Concello de Caldas de Reis, por facer posible que Cinema de Historias chegara a todos os colexios de esta vila, e tamen polas fermosas verbas sobre o espectáculo:

Marabillosa tamén a interpretación de Raquel Queizás no espectáculo “Cinema de Historias, da man de Alice Guy”. O alumnado e o profesorado que acudiu hoxe a ver esta obra teatral quedou sorprendido pola historia desta muller que foi un exemplo de empoderamento feminino e ao longo da súa carreira desenvolveu tarefas de directora de cine, actriz, guionista etc.

Cinema de historias da man de Alice Guy en Betanzos

Grazas, Marta Piñeiro, grazas ao Concello de Betanzos por apoiar a miña proposta para rendir homenaxe a Alice Guy.


“No momento en que a xente seguía filmando escenas da rúa, trens entrando na estación, etc. Eu era a filla dun libreiro e encantábanme os libros. Lera moito e fixera teatro amateur e pensei que algo mellor se podía facer. Así que lle suxerín ao Sr. Gaumont que me deixara a cámara para rodar algunhas escenas. Dixo: “iso parece unha bobada de nena. Podes probar se queres cunha condición: que o teu traballo de oficina non sufra. ”

 

X