Cinema de historias da man de Alice Guy en Sabarís (Baiona)

11 marzo, 2023

Grazas por vir ao Multiusos de Sabaris (Baiona) e gozar con Cinema de Historias da man de Alice Guy!!! Grazas Elena Otero Rodriguez e Yama Sama do Concello de Baiona por seguir programando pola igualdade.

Non se pode querer e admirar a quen non se coñece. Agora en Baiona as familias xa coñecen a gran Alice Guy: muller aguerrida que combateu o estereotipo da ama de casa abnegada, Alice Guy casou en 1907, tivo á súa primeira filla en 1908 e en 1910 tornouse na primeira muller en fundar un estudo de filmación (Solax). Un pouco para dar a idea do carácter de Alice, a lenda conta que en 1912, durante o seu segundo embarazo, fundou un segundo estudo en New Jersey , e durante eses meses entregou de 1 a 3 películas por semana.

 

 

 

X