Da ciencia á ficción: comenza o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

 

Hoxe 27 de febreiro comeza a XVI edición do Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se desenrolará no Pazo da Cultura de Pontevedra ata o 28 de marzo de 2015.  O lema elixido e da ciencia á ficción:

“A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc. As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,… esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.”

E como parte das actividades do Salón, presentei o espectáculo de contos creado para esta ocasión: Entre planetas, no Espacio Lector Nobel de Pontevedra:

Poderedes atoparme entre planetas e outros artefactos, entre a moi intensa e interesante programa de actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra  nas seguintes datas:

Sábado, 28 de febreiro ás 12h
Xoves, 11 de marzo ás 18h
Martes, 17 de marzo ás 18h
Xoves, 19 de marzo ás 18h
Domingo, 22 de marzo ás 12h

Non vos perdades ningunha das actividades do programa de esta XVI edición do Salón,  no que hai contos, teatro, música, obradoiros e  moitas actividades relacionadas coa  temática deste ano: Da ciencia á ficción!

Estrea de Gatuxo !

Este sábado 29 de marzo estreamos GATUXO no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Grazas a todo o equipo qué o fixo posible:  Magin Blanco GarciaMaria FaltriJorge JuncalLuis Brotons Lozano, Daniel Piñeiro, Julia Brotóns, Cristina Castiñeiras Silva, Manolo Dourado e toda a xente de Urdime.

Que ledicia ver a pequechos e non tan pequechos disfrutando coas peripecias da pequena Gatuxa e a sùa familia, cantando e bailando os temas musicais “que chegan ao corazón” (nos decían as nais, pais, avos…) Até querían mercar o “disco”, que sairá moi pronto, e tamén o libro. Estade atentos!

Gatuxo

A próxima cita Ourense. O domingo 6 de abril haberá tres pases, ás 12, ás 16 e ás 18h. Se poden mercar tamén entradas por internet en Servinova.

“Ven coa túa gatuxa, co teu gatuxo a gatuxar con nós”

XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

Cociñando Contos, este foi o lema da XV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrou nesta cidade entre o 14 de marzo e o 5 de abril. Foron unhas semanas intensas, cheas de contos, espectáculos, obradoiros, presentacións e concertos. A afluencia de público foi moi notable, e os espazos destinados os contos deseguida quedaban pequenos.

Dentro das actividades del Salón, tambén estreouse Gatuxo, o novo concerto teatralizado de Magín Blanco, que tiven o inmenso placer de dirixir e interpretar

Parabéns a todas as persoas que participan na organización de esta xa imprescindible cita cultural.

Reportaxe do Diarío de Pontevedra sobre o Salón:

Feira das Industrias Culturais 2013 (CULTURGAL)

A feria das industrias culturais galegas, –Culturgal para os amigos- desenvolveu a súa sexta edición en Pontevedra, os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. Uns días moi intensos onde se puxo de manifesto a desbordante creatividade das persoas, empresas e organizacións adicadas a cultura en Galicia.

Unha  mostra disto foi a presentación do novo proxecto de Magín Blanco, Gatuxo, onde teño o inmenso pracer de participar.

Gatuxo é unha palabra inventada, que define a crianza que gatea para explorar e coñecer o mundo que o rodea.

Gatuxo é un espectáculo fusión de música, cantigas, teatro, contacontos, clown, manipulación de obxectos e claqué interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz, dirixido a crianzas de 0 a 3 anos e ós seus familiares acompañantes.

No Culturgal ofrecimos apenas un petisco do espectáculo, que será estreado no próximo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, en marzo do próximo ano 2014.

E tamén houbo tempo para contar algún conto no stand de UNIMA Galicia, (A sección galega da Unión Internacional das Marionetas):

XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

A XIV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrou do 2 ó 23 de marzo, tivo como lema A TODA MÁQUINA.
Un ano máis estiven contando contos para os nenos dos colexios que visitaron o Salón. Impresionantes traballos fixeron os pequenos inventores. Que marabilla ver a vida a través dos seus ollos.
Mirade un dos seus inventos:

A min dende nena me encantan os reloxos, as máquinas do tempo. Así que transformeime en reloxeira. Que mellor modo de PASAR O TEMPO que contando historias?

Dentro da ampla e variada programación tamén representamos tres funcións de VIAXE A DADÁ da nosa compañía  Teatro da Semente. A obra tivo moi boa acollida por parte das familias, mágoa que quedase xente fóra! Haberá que volver a Pontevedra!!!

Xa estou agardando o tema do ano que ven, cal será? A min encantaría me que fose A COMIDA, para cociñar contos a fogo lento… Ummm! Son unha larpeira!

X