23 marzo , 2019
Moi ben o pasei onte no Salón do Libro contando contos coa amiga e gran contadora Tareixa de Pavís Pavós na Presentación Aniversario 20 anos do Salón do Libro: “Paseniño, paseniño facendo a Revolución”. Non faltou música, cantos, poesía, danza, contos…
E logo contando con Benita Prieto , unha excelente narradora de Brasil. Será por contos!!!
(Estas fermosas fotografías son de Andrea Area)
14 abril , 2018
E mañá domingo, 15 de abril, ás 17.30 convídovos a unha viaxe pola vida e obra de María Victoria Moreno, unha muller loitadora e soñadora, unha galega de corazón: RUTA PROPIA. Será no Salón do Libro, na súa sala. É unha honra estrear nese espazo. A preestrea foi onte durante as funcións escolares. A entrada é libre ata completar a capacidade. Fágovos un oquiño?
As fotos da preestrea, feitas nas funcions escolares, son de Alba Sotelo Leal , o ollo máxico do Salón. A ambientación de conto desta sala é obra da gran equipa Paspallás.
Orbil tamén quixo montar na “Teresita” para coñecer mellor a María Victoria Moreno.
9 abril , 2018
Pedín un desexo ás bolboretas monarca e cumpriuse! Viva México!!! Tivemos fermosas e emocionantes TRAVESÍAS.
O tema do Salón do Libro desta edición 2018 foi MULLERES DE CONTO. Eu preparei dúas montaxes cheas de historias que falan de mulleres valentes que loitan polos seus soños, para compartir cas nenas e cos nenos de Pontevedra.
TRAVESÍAS:
É unha colección de viaxes cheas de aventuras de nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.
Ata hai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que trasmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes. Mudemos o conto!
Aquí vos deixo fotos feitas por Alba Sotelo Leal dentro da programación de escolares:
6 abril , 2018
Esta tarde tiven a sorte de contar coa lingüista mexicana Alondra Angélica. Foi un pracer compartir historias e lendas de dous pobos cheíños de tradición oral: MOURAS e NAHUALES xuntos da man. Queda inaugurado o SALÓN XIX edición!!!
15 abril , 2016
Moi feliz da gran acollida que tivo onte A sinfonía das fábulas, no Teatro Principal de Pontevedra dentro da programación do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, Moitas grazas a todo o equipo que fixo posible este proxecto: á Banda Municipal de Pontevedra, o seu director Rafa Agulló Albors e a Itziar Ezquieta, directora do Máster en Libro Ilustrado da Facultade de Belas Artes.
Grazas ao Salón do Libro de Pontevedra polo apoio e a Orbil por vir a facer con todoooo o público percusión corporal. Ao rematar entre moitos abrazos dos cativ@s os pais me preguntaban cando volvedes repetir…
As fermosas fotografías son de Mónica Patxot, publicadas no xornal Pontevedra Viva
8 abril , 2016
Entrevista na Voz de Galicia co gaio da representación de Chíos de Teatro da Semente no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.