Contos no Recuncho da Meiga, no Salón do Libro
Este espazo creado por PASPALLÁS é o meu favorito para contar este ano, quizáis por que sempre fun un pouco meiga, como a miña avoa!
Este espazo creado por PASPALLÁS é o meu favorito para contar este ano, quizáis por que sempre fun un pouco meiga, como a miña avoa!
Do 4 ao 31 de marzo de 2012, estase a celebrar unha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra . Este ano, o seu tema é a superstición (por iso é o 12+1 Salón), e o autor homenaxeado é Paco Martín.
Alí estareí, todas as mañáns, coa Maleta da Avoa, chea de contos.
A RTVE en Galicia realizou unha reportaxe sobre o Salón emitida no Telexornal do 06/03/2012.
Vémonos no 12+1 Salón!
Do 8 0 19 de febreiro do 2011, O Pazo de Exposicións e Congresos de Pontevedra énchese de libros e contos para celebrar o Salon do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que xa vai pola súa XII edición. Tódolos colexios da zona puideron asistir os variados espectáculos de contos e narración oral.
Reportaxe en TVE: