Descubrindo magas no Salón do Libro de Pontevedra

Descubrindo magas no Salón do Libro de Pontevedra

Estrea absoluta de “Descubrindo Magas” no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva como tema “A maxia”.

“Descubrindo Magas” achega as historias de moitas mulleres magas que, aínda que descoñecidas, habelas hainas. Contei a historia das irmás Fox, que foron moi famosas nos Estados Unidos porque seica podían falar cos mortos (ou iso pensaba a xente, xa que logo recoñeceron que non era tal, que todo nacera dunha brincadeira). Tamén puidemos coñecer a historia de Lulu Hurst, que foiu coñecida como a “moza magnética” pola súa forza sobrehumana. Tivemos, na sesión, raios, tronos e libros máxicos!!!

Este espectáculo o  pudieron ver en primicia o alumnado dos centros escolares de Pontevedra CEP Marcos da Portela, CEIP Xunqueira 2 e CEIP do Carballal de Marín.

 

 

 

 

 

 

Historias Azuis en Pontevedra

Historias Azuis en Pontevedra

Un novo programa educativo xa está en marcha na área de Pontevedra gracias á Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia (ANEDIA) . Os rapaces de CEIP Cabanas xa coñecen un pouquiño máis que é a diabetes e como axudar aos seus compañeiros e compañeiras con diabetes. E ti de que tipo eres? Sabes como axudar a unha persoa con diabetes en dificultades? Coñeces que tipos de diabetes existen?

 

 

E esta misma mañan, fuimos ao CEIP Marcón, co espectáculo Son San, dirixido aos máis novos do cole. Son San está dirixido a fomentar hábitos saúdables dende a infancia. A diabetes tipo 1 unha enfermidade autoinmune, e a súa aparición non ten relacións coa alimentación, pero sí que é certo que unha alimentación e uns hábitos saúdables son imprescindibles teñas diabetes ou non.

 

 

E o día 29 de febreiro, fumos ao IES Xunqueira II, esta vez con Caso Azul, unha obra adaptada aos adolescentes:

 

 

 

 

Cinema Marabillas en Cedeira

Cinema Marabillas en Cedeira

A tarde de treboada foi perfecta para mergullarnos nas primeiras adaptación cinematográficas dos contos tradicionais en Cinema Marabillas. Ver para ler. Grazas familias de Cedeira por acudir o Auditorio a gozar destas historias!

 

 

 

 

Grazas o xornal dixital Quincemil por anunciar a actuación!

 

Ven a Conto en Silleda

Ven a Conto en Silleda

A rapazada do CEIP Plurilingüe de Silleda foron coñecer a  biblioteca municipal “Daniel Castelao”, e alí desfrutamos todos unha chea con “Ven a Conto”

 

Somos Iguais na EEI A Capela de Ribeira

Somos Iguais na EEI A Capela de Ribeira

Grazas a ANPA do EEI A Capela de Ribeira coñecín unha escoliña moi feita, alí agardaban por min as mestras Ana e Rosa, e a pequena Lola. Foi unha honra inaugurar o fermoso recuncho para os contos cheo de sorrisos das familias.

Esta actividade foi financiada cos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

 

 

 

 

 

X