Ven a Conto en Silleda

Ven a Conto en Silleda

A rapazada do CEIP Plurilingüe de Silleda foron coñecer a  biblioteca municipal “Daniel Castelao”, e alí desfrutamos todos unha chea con “Ven a Conto”

 

A orixe na Biblioteca Neira Vilas de Vigo

Eu, Queliña, a exploradora, viaxei aos confíns da terra para traer historias de diferentes partes do mundo á Biblioteca Neira Vilas de Vigo

En África, cheguei a Namibia, onde escoitei un conto tradicional co que os antigos intentaban explicar o que non entendían. Foi así como naceu a historia de Madisú e como conseguiu que nacesen as estrelas e a chuvia. Continuei a miña viaxe cara ao oriente e, facendo unha parada en China para tomar unha infusión, escoitamos a historia que sucedeu no río Amarelo, tamén chamado Huáng Hé, onde un vello e unha serpe discutiron por saber cal era a carne máis saborosa. A última parada foi nunha illa case descoñecida das Illas Mauricio, onde nos atopamos cun animal moi raro e xa extinto que aparece no conto de Alicia no país das marabillas… sabedes de que animal se trata?

 

 

Ven a conto en Ribadeo

Hoxe martes 5 de decembro fun botar uns contos na Praza de Abastos de Ribadeo. Ven a Conto!! Foi unha ledicia atoparme con caras amigas. Grazas ao Concello de Ribadeo por contar comigo unha vez máis. A volta foi moi doce degustando ás saborosísimas rocas de Chocolates Moreno. Grazas polo agasallo Carri e Nieves e polas fotos, Noe.

 

Nano en Fisterra

O Nano chegou ao fin da terra!! Que ledicia ver a sala chea de familias con gana de contos. Grazas, Silvia e Francisco por contar con nós…

Pola mañan estivemos no Salón de Actos do Concello de Fisterra, e pola tarde, despois de degustar riquísimo peixe, continuamos de viaxe… ata a vella escola de Villar de Duio, onde  agardaba por nós Eva. Contounos que fai moitos anos tiveran un mestre que tiña un can chamado Xurelo e unha cadela chamada Xouba cos que enredaban xogando polo prado grande mirando o mar…

 

 

 

 

 

Na túa man en Freixo

A Asociación de Veciños de Freixo convidoume, grazas a Deputación de Pontevedra, a contar contos para a veciñanza. As compañeiras colocaron o cartaz de ESPAZO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS.

Bravas!!

 

 

 

X