Conto me río en Negreira

Vaia circo montou Nano hoxe coas familias de Negreira!!

Entre contos, xogos e circo pasamos a tarde solleira. Grazas por vir!!

 

 

Soñadora das árbores en Alfoz

Soñadora das árbores, chamábanlle así desde pequena porque sempre estaba “na póla”. O que máis lle gustaba era perderse no monte para escoitar as historias que contaban as árbores senlleiras, as árbores nai. Ata que un día pedíronlle axuda!! Non o dubidou un intre, empoleirouse no vello carballo para evitar que o tallaran.

E cambioulle a vida… Só comunicándonos máis intensamente coa natureza, podemos ser capaces de comprendela, respectala e ao mesmo tempo valorar todo o que nos ofrece para crear un mundo máis transitable e saudábel. “SOÑADORA DAS ÁRBORES” é un espectáculo de narración oral baseado nunha historia real e en lendas de diferentes culturas que exploran a relación entre as persoas e a natureza.
 
<  

Na túa man no IES Pedregal de Irimia

Hoxe visitei o IES Pedregal de Irimia en Meira para compartir coa rapazada “Na túa man“. Grazas, Bea, por pensar en min!!

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes.
Aquela mañá, por baixo da porta da reporteira, entrou unha nota anónima, “na túa man” puña…
Ao longo dunha inesperada investigación imos ir descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto, a tolerancia e mais a comunicación dentro das relacións entre as persoas.
Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para darmos a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias.

Viaxaremos na procura de novos modelos saudábeis de parella. Atoparemos mulleres fortes e decididas, e homes que poden expresar outras emocións que non sexan a rabia e a ira, que está ben mostrar tenrura, e que coidar tamén é cousa de homes.

O cambio está nas nosas mans, o cambio está NA TÚA MAN.

 

 

 

Onda min en Ribadeo

Canourísima xornada o sábado en Ribadeo!!

Feliz de contribuír a reivindicar ás canouras,  esas mulleres do interior de Lugo, que acudían en setembro a Ribadeo para darse os 9 baños. Fascinantes mulleres, son as pioneiras do turismo, e moito máis…

Grazas, Noe, es unha cicerona marabillosa, un pracer investigar xuntas, Grazas, Carricoba es o meu informante e compañeiro nesta aventura. Grazas, Rafa por pensar en min. Grazas a Ana, a Nieves, a Isolina, a Inés, a Sabela,…por contarme tamén as vosas lembranzas e saberes sobre as canouras cas que puiden fiar o espectáculo que creei para vós con moito agarimo.

Foi unha xornada canourísima!!! Que merece volverse, de novo, tradición!!
Cambiar o significado de vellas palabras cargadas de prexuizos está na nosa man.
Parabéns a toda a organización!!! Grazas, Begoña!

 

 

 

 

A orixe na Biblioteca de Pontevedra

Regresamos á Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, nesta ocasión co espectáculo de narración A Orixe:

 

 

X