Buscando a Rosalía na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra

Búscase nena, moi imaxinativa, á que lle encanta facer teatro e xogar coa poesía na nosa lingua.  Será unha gran escritora de maior que escribirá con pluma e corazón.

Que mellor xeito de celebrar o nacemento de Rosalía de Castro na Biblioteca Antonio Odriozola de Pontevedra!

 

 

 

Un museo nun cordel. Museo do Pobo Galego

Sempre é unha ledicia realizar actividades de narración oral coa cativada e as mestras no Museo do Pobo Galego, para coñecernos mellor!! Grazas!!!

Hoxe estiven coas alumnas e alumnos de primeiro de primaria do Colegio Plurilingüe Nuestra Señora de los Remedios de Santiago de Compostela.  Viñeron participar nunha das actividades dinamizadas polo Departamento de Educación e Acción Cultural: Un museo nun cordel. Visitamos a sala de oficios e aprenderon máis deles grazas ás maltranas, os cartelóns con debuxos que utilizaban as persoas cegas para contar historias.

 

Nano canta croac en Ribeira

Así de ben o pasamos esta mañan no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, con Nano canta croac!

 

 

 

O xogo de Nano en O Grove

Así de ben rematamos na Biblioteca do Grove as actuacións de este ano 2023. Gracias a todas e todos por vir e pasalo tan ben!

 

 

A maleta da mestra no Museo do Pobo Galego

A maleta da mestra é unha actividade dinamizada polo Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego e conducida por min, dirixida ao alumnado do último ciclo de Infantil e 1º de Primaria. Nenos e nenas visitan o museo para descubrir o que agocha a maleta da nova mestra, Josefa Iglesias Vilarelle, a primeira persoa en publicar un método de lectura en galego e unha das mulleres do Seminario de Estudos Galegos! Así de divertido é aprender a importancia do noso patrimonio!

 

 

 

O clan das investigadoras no Museo do Pobo Galego

O venres pola mañá, no Museo do Pobo Galego de novo agardei polo Clan das investigadoras, sesións escolares para para 2º, 3º e 4º de Educación Primaria,  para coñecer de preto a algunhas mulleres importantes do Seminario de Estudos Galegos. A miña favorita é Magot Sponer. Nesta ocasión o colexio trouxo para o museo as súas pescudas de tradición oral. Marabilla!!

Grazas o  Departamento de Educación e Acción Cultural (DEAC) do Museo do Pobo Galego


X