Nano en Fisterra
O Nano chegou ao fin da terra!! Que ledicia ver a sala chea de familias con gana de contos. Grazas, Silvia e Francisco por contar con nós…
Pola mañan estivemos no Salón de Actos do Concello de Fisterra, e pola tarde, despois de degustar riquísimo peixe, continuamos de viaxe… ata a vella escola de Villar de Duio, onde agardaba por nós Eva. Contounos que fai moitos anos tiveran un mestre que tiña un can chamado Xurelo e unha cadela chamada Xouba cos que enredaban xogando polo prado grande mirando o mar…