A viaxe de Nano no Colexio María Inmaculada de Verín

21 febreiro , 2022

Que honra inaugurar a nova biblioteca do meu antiguo cole. Que bonitiña é, antes era o ximnasio.
Foi unha ledicia atoparme con algúns dos meus compis, e amigas e amigos, agora profes: Sonia Vila , Johny. Grazas Ricardo por pensar en min, grazas tamén a Gerarda, a directora.
O agasallo que me fixestes significa moito para min, ese libro, ese mesmo, marcou a miña nenez.

Moitas grazas polas vosas verbas;

Hoxe foi un día moi especial para os máis cativos do colexio!! Os nenos e nenas de Infantil inauguran a nova biblioteca da man da contacontos Raquel Queizás e o seu espectáculo “A viaxe de Nano”. Unha mañá chea de ledicia, sorrisos e sorpresas. Aproveitamos para mandar una aperta moi cariñosa a Raquel, exalumna do colexio á que sempre nos alegramos de ver e compartir con ela momentos tan especiais.

 

X