Travesías en Cuntis

18 agosto, 2021

Dobre ledicia tiven hoxe, compartir Travesías coas familias dentro da programación das festas de Cuntis e ver como o Concello de Cuntis é o primeiro, de moitos, que participa no novo programa de Anedia ESPAZO DIABÉTICO PROTEXIDO, implica que o concello vai ter glucómetros e glucagón nos botiquíns do seu concello, do que poderán facer uso as persoas con diabetes en caso de emerxencia. Tamén haberá unha formación sobre diabetes para a Policía Local e Protección Civil, porque en todos os concellos existen persoas con diabetes e tanto ao concello coma a nós, parécenos esencial ter un mínimo de coñecemento sobre esta doenza. Moitas grazas!

 

 

 

X