Mariña en Portosín

6 abril, 2022

Hoxe, na Casa da Cultura de Portosín, Mariña, contos nacidos no mar. Canto sabía a rapazada do Ceip de Portosín sobre a pesca e o mar!

Grazas por mergullarvos nas historias…

As historias lévaas e tráeas a marea, as historias que sabe a nosa serea. Agora sae da auga para compartir todas as súas historias con nós e para traernos unha mensaxe moi urxente do océano: que o coidemos, que non esquezamos que nas súas augas naceu a vida e que é a casa de moitos animais e plantas, ademais de nos servir de fonte de alimento, traballo e riqueza a nós, aos seres humanos.

 

 

X