Garabelos, o fogar de Anxo Moure

28 xullo, 2019

Hoxe estiven nun lugar máxico, cheo de contos, poesía, grandes corazóns, natureza e moito máis!!! Entramos?
En Garabelos, Contos Solidarios, o fogar de Anxo Moure.

Fixen moitas amigas e amigos!! E coñecín a dúas grandes señoras, a Blandina e a señora Alicia cheíñas de historias que tamén gozaron con “Raposadas” como meniñas. E non podía rematar a xornada sen subir a escoitar contos do Tío Teixo, Anxo Moure, na casiña das árbores. “As túas verbas prenden, amigo”.

Unha xornada inesquecíbel… Non faltaron boas conversas acompañadas de delicioso e picante queixo, empanadas variadas, pan de verdade, sidra natural á sombra de castiñeiros, teixos, acivros, carballos…
Anxo Moure e toda a súa familia, grazas, mil grazas por recibirnos con tanto agarimo.

Tedes que ir!!! Co colexio, ou en familia. Sempre programan unha chea de actividades; contos na casiña da árbore, excursións polo bosque, cinema no palleiriso , música das árbores, paseos en barca polo río,… xogo libre!!!!

Ata o próximo conto!!

X