14 agosto , 2013
Tiven o pracer de regresar a fermosa Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre, de Ortiguiera, nesta ocasión coa miña Maletra coma equipaxe.
Gracias a Biblioteca por esta fotografía, tomada do seu blog
Podese consultar a entrada desta actuación no blog do programa Ler Conta Moito
8 xuño , 2013
Do 6 a 9 de xuño celebrouse en Pontevedra a II edición do Encontro Internacional de Contadores de Historias Sete Falares. Quico Cadaval foi o encargado de abrir o día 6 esta segunda edición do encontro, no Pazo de Mugartegui acompañado polo 7Bis Clarinet Quartet.
Neste mesmo espazo desenrolouse o día seguinte o meu espectáculo de contacontos para público infantil: Palabras na Boca
As historias continuaron pola tarde no Teatro Principal con Celso Fernández e Antonella Giraldi. e esa noite Quico Cadaval e Luis Correia contaron man a man, nas ruínas de Santo Domingo.
O sábado, a Casa das Campás acolleu o espectáculo Susurros de Algodón de Beatriz Montero. Mais tarde, Antonella Giraldi representou as Estórias de áuga na boca, e pola noite rergresou Luis Correia ca obra Contatinas.
O domingo 9, Pavís Pavós contou Historias dá Marquesa no Pazo de Mugartegui, e depois poidemos disfrutrar dun viaxe en barco pola ria de Pontevedra, mentres escoitabamos os contos de Celso Fernández Sanmartín. Betriz Monterno deleitounos con Amor cuanto te quiero O encontro rematou ca rolda de narrradores e o acompañamento de 7bis Clarinet Quartet, no Teatro Principal, cheo a rebosar.
Unha chea de historias percorreron durante 3 dias as rúas, as ruinas, as covas, o pazo, o mar,… Grazas a Pavís Pavós por invitarme a participar e parabéns pola boa organización.
A xente, que encheu todos os espazos, xa pregunta pola terceira edición!
24 abril , 2013
O Concello de Soutomaior celebra a Semana do Libro, que xa vai pola VII edición, e na Biblioteca Municipal Luís Seoane, en Arcade, prográmanse actividades toda a semana.
Eu tiven o pracer de ser convidada a participar nas celebracions da Semana do Libro con dous dos meus espectáculos de contacontos. Este mércores a cita foi con Caso Pechado: historias de misterio e terror para adolescentes, e o próximo venres, regresarei acompañada por Nano e os seus Nanocontos.
O Diario de Pontevedra reseñou as actividades programadas pola Semana do Libro:
17 abril , 2013
Tiven o pracer de comezar na Biblioteca Infantil de Carral as miñas andanzas en Ler Conta Moito, o novo programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura. Nais, pais e os seus cativos, seguiron con moita atención as aventuras de Nano.
O rematar a función, Nano contoulle os nenos cales eran os seus libros favoritos, que ademais estaban dispoñibles na biblioteca!
O diario La Voz de Galicia, anunciou esta actividade na sua axenda da edición de A Coruña:
23 marzo , 2013
Este sábado 23 de marzo, o suplemento Culturas de La Voz de Galicia, publicou un fermoso artigo sobre o meu traballo, escrito por Diego Ameixeiras.
16 marzo , 2013
Foi unha agradable sorpresa que me convidaran a participar na primeira edición do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, celebrado en Santiago de Compostela e Olerios do 26 o 16 de marzo. Gracias a Soldad Felloza, directora do festival e unha gran anfitrioa, por ser a miña madriña de contos. Contei no pub Atlántico baixo o título “Unha muller na beira“. Estiven por primeira vez nas bibliotecas de Dorneda e Perillo (Concello de Oleiros) e tamén no Centro Sociocultural das Fontiñas (Santiago) que estaba a rebentar de xente e onde os rapaces pediron un bis. Participei ademais nos maratóns do Festival xunto a grandes compañeiros de profesión: Quico Cadaval, Paula Carballeira, Soledad Felloza, Fátima Fernández, Avelino González, Cándido Pazo e Charo Pita, entre outros.
Aquí vos deixo unhas imaxes deste gran Festival que virá vento en popa o ano que ven. (Fotografías de Mino Andrade e Amparo Portabales)
Parabéns a organización, un grupo de grandes profesionais que arrimaron o ombreiro para que ese soño se fixese realide.
Maratón de contacontos para nenos no Salón Teatro. (16/03/2013)
Maratón de contacontos para bebés, no Salón Teatro. (16/03/2013)
Pub Atlántico. (12/03/2013)
Función Colectiva no Día Internacional das Mulleres. Teatro Principal.
(8/03/2013)
Función Colectiva no Día Internacional das Mulleres. Teatro Principal.
(8/03/2013)
Fugas, suplemento de La Voz de Galicia, 01/03/2013
La Voz de Galicia, edición Santiago, 07/03/2013