Vigo arrólate

16 xullo, 2018

O meu espectáculo de contos para bébes Toin Toin participou no “Vigo arrólate”, un novo programa da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, a Concellaría de Xuventude e a Biblioteca Neira Vilas para achegar as familias con bebés de até os dous anos contos e cancións en galego. Así, o venres 13/07/2018 Toin Toin visitou a Biblioteca Neira Vilas e o xoves 16/07/2018 a Casa da Xuventude. Parabéns por esta iniciativa!

Toin Toin na Biblioteca Neira Vilas

X