Travesías nos colexios de Betanzos

22 febreiro , 2019

Alá van tres Travesías polos coles de Betanzos. Grazas tripulación pola vosa entrega!!!
Co obxectivo de promover o emprego oral da lingua galega e potenciar o seu uso entre as nenas a través de actividades baseadas en contidos de igualdade e dinamización lingüística, o Concello de Betanzos programou o espectáculo de contos Travesías.

Vémonos de novo o 23 de abril con novas aventuras!
Grazas tamén ao meu pé esquerdo por dar “apoio” ao meu pé dereito! Nunca me sentín tan Pirata, como Mary Read, Anne Bonny e Madame Ching. Fotos de Daniel Piñeiro, o meu outro pé.

 

X