Travesías no Colexio Guillelme Brown
Hoxe fun de Travesías coas crianzas do Colexio Guillelme Brown de Pereiro de Aguiar. Foi unha viaxe chea de aventuras na que puidemos coñecer a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.
Quero agradecer ao Centro de Información á Muller de Pereiro de Aguiar por facer posible este encontro e por apostar sempre por achegar a igualdade e a cultura á cativada. Grazas de corazón tamén ao alumnado e ao profesorado pola súa escoita tan atenta, respectuosa e agarimosa.
Da gusto compartir historias con nenas e nenos así, que escoitan cos ollos e co corazón abertos. Xuntas e xuntos descubrimos que non hai límites para o que podemos chegar a ser!

