Somos iguais e Na túa man no Pereiro de Aguiar
Moitas grazas o Centro de Información á Muller (CIM) do Concello do Pereiro de Aguiar por seguir programando en prol da igualdade: 2 sesións de Somos iguais e 1 de Na túa man no CEIP Pecalama (6 de marzo) e 1 sesión 1 de Na túa man no Colexio Guillelme Brown (12 de marzo)
Grazas tamén polas fermosoas verbas:
A ARTE DE CONTAR HISTORIAS: RAQUEL QUEIZÁS. A comunidade educativa do Pereiro puido gozar da maxia e poder narrativo da contadora de historias, Raquel Queizás, quen cos espectáculos “Somos iguais” e “Na túa man” encandeou a alumnado e profesorado dos centros educativos do Pereiro.
Ela, como poucas, sabe utilizar o poder da palabra para atrapar ao seu público e mergullalo na tradición da que aprendeu de nena, escoitando da súa avoa as historias que agora se encarga de transmitir. Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental que entra a formar parte da historia, a participación activa e o humor son sempre pezas crave.
(Publicación no FB do CIM Pereiro de Aguiar )