Obradoiro “Conto contado” na Universidade da Coruña

13 outubro, 2021

Este mércores 13 de outubro tiven a honra, un ano máis, de impartir o obradoiro de CONTO CONTADO para o alumnado de segundo curso da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña: as futuras mestras!!

Botámoslle tamén uns contiños da nosa rica tradición oral. Moi ben o pasamos, agardo ter contaxiado o amor polas historias entre a rapazada. Fun convidada por Montse Muriano e Iria Sobrino, dúas profes amantísimas da nosa cultura e por suposto da nosa lingua.

X