Estrea de “O loitador da galaxia” en Betanzos

20 abril, 2023

Feliz!!!! Onte foi a estrea de O loitador da Galaxia a miña particular homenaxe ao escritor Francisco Fernandez Del Riego. Grazas rapazada e mestras pola vosa agarimosa acollida.

Foron máis de cento cincuenta nenas e nenos os que viaxaron comigo no tempo para coñecer esta homenaxe á vida e obra de Francisco Fernández del Riego na que lembra que pasaron 60 anos desde que don Paco inventou o Día das Letras Galegas e que todo saíu do seu maxín, como moitas outras iniciativas culturais que contribuíron e contribúen a dar prestixio á nosa lingua e á nosa literatura. Fixemos un percorrido pola súa traxectoria para dar a coñecer a este loitador cultural, galeguista incansable e levantamos voo cara á Galaxia, a editora que creou xunto con outros compañeiros nunha época ben, ben escura.

 

Esta actividade forma parte da programación que o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos desenvolve durante o curso escolar en colaboración cos equipos de dinamización lingüística dos centros de ensino da localidade.

X