Estrea de Faraldo en Betanzos

21 outubro, 2022

 

“En 1842 Antolín Faraldo mete na axenda de debates da Academia Literaria o feminismo ao retar os seus compañeiros de ateneo a debater sobre a situación das mulleres “escravas” situando como reto da filosofía do século XIX o deber de proclamar a súa “emancipación”.
“Juana de Vega converteu a súa casa da Coruña nun centro intelectual e político e ideou formas de participación na vida pública nun tempo en que isto estaba prohibido ás mulleres.”

Onte a rapazada do CEIP Francisco Vales Villamarín coñeceu por fin a Antolín Faraldo. Xa poden estar ben orgullosos deste betanceiro. Non se pode querer nen valorar a quen non se coñece…”Na historia apréndese a liberdade” Grazas, rapazada pola vosa atención e a vosa escoita!!!

 

Feliz da boa acollida tamén no CPR Plurilingüe Atocha Betanzos de este espectáculo creado para os coles de Betanzos “FARALDO. Todo para Galicia”
Agora xa coñecen a Antolin Faraldo: a verdadeira historia do líder provincialista, do primeiro pensador galeguista, do político valente e o xornalista comprometido.

 

Dende o CPR Plurilingüe Atocha comentaron deste espectáculo:

Os rapaces e as rapazas de 3°, 4°, 5° e 6°EP tiveron a sorte de asistir a unha maxistral clase de historia, da man da marabillosa Raquel Queizás
A través da vida de Antolín Faraldo; un afamado betanceiro, revolucionario, soñador e loitador, que quixo mellorar e dignificar Galicia, viaxamos por diferentes etapas da historia galega e española.
Grazas, Raquel, por compartir o teu talento con todos nós. Desfrutamos moitísimo!

 

Grazas, cativada e profes do CEIP Francisco Vales Villamarin e CPR Atocha polo voso agarimo e a vosa escoita!! E o Concello de Betanzos por facelo posible!

 

X