Contos para o Día Mundial da Diabete

14 novembro, 2013

Onte 14 de novembro celebrouse o Día Mundial da Diabete, unha efeméride constituida no ano 1991 pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Federación Internacional de Diabetes (IDF). O seu obxectivo é concienciar e informar ás persoas sobre a diabete e mellorar a calidade de vida dos doentes. En Pontevedra, celébranse varios actos organizados por ANEDIA, Asociación de Nenas e Nenos con Diabete de Galicia. Asociación da que formo parte. Dende ANEDIA facemos fincapé na importancia da educación diabetolóxica. A asociación está a traballar para que esta educación se realice non só nos centros sanitarios, senón tamén nos centros educativos. É importante que se tome conciencia da necesidade de atender as demandas dos nenos e mozos con diabete, para que esta enfermidade non sexa unha carga, senón unha compañeira de viaxe.

Asociación de nenos e neas con diabete de Galicia

ANEDIA instalou unha mesa informativa na praza da Peregrina, na que se poideron realizar controis de glicemia, ademais de continuar coa campaña de recollida de sinaturas para que as necesidades das nenas e nenos con diabete sexan correctamente satisfeitas nos centros educativos. O meu gran de area consistiu  nunha contada na que narrei varios contos nos que fixen adaptación na trama e nos personaxes para suliñar a idea que a diabete non debe ser ningún obstáculo para acadar todo aquelo que os nenos se  propoñan.

Día Mundial da Diabete

Día Mundial da Diabete

X