Cinema Marabillas no CEIP Albino Suárez de Ourense
Hoxe 12 de maio a mañá foi de película no CEIP Albino Suárez de Ourense. Alí despregamos o Cinema Marabillas para descubrir que os contos que dormen nas estanterías tamén saben mover os pés e saír a bailar fronte aos nosos ollos. Pescudamos as primeiras adaptacións cinematográficas dos nosos libros favoritos nunha pantalla improvisada que nos fixo “ver o que lemos”.
Unha viaxe polas imaxes e as palabras para namorar, aínda máis, das historias.
Grazas a todo o cole por abrir ben os ollos e o corazón
