Cinema de historias no CEIP de Quiroga

24 novembro, 2020

Grazas, CEIP de Quiroga, por contar comigo unha vez máis, grazas sobre todo a ti Sarita. As máscaras non impediron os risos, nin a sorpresa. Os ollos da rapazada brillaban a medida que ían entrando na vida e peliculas de Alice Guy. Quen sabe cantas desas mozas serán directoras de cinema no futuro. Fan falta modelos a seguir!!

E grazas polas fermosas verbas:

Hoxe o alumnado de quinto de primaria tivo a inmensa sorte de asistir na biblioteca ao espectáculo de Raquel Queizás “Cinema de Historias” que nos contou a vida de Alice Guy, directora de cine e actriz francesa, que foi a primeira persoa realizadora de películas de ficción, autora de 1000 películas, pero borrada da historia por ser muller. De novo esta actividade foi organizada pola ANPA do Colexio e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade, para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Como sempre que visita o noso centro Raquel Queizás, Impresionante!

X