XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

A XIV edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que se celebrou do 2 ó 23 de marzo, tivo como lema A TODA MÁQUINA.
Un ano máis estiven contando contos para os nenos dos colexios que visitaron o Salón. Impresionantes traballos fixeron os pequenos inventores. Que marabilla ver a vida a través dos seus ollos.
Mirade un dos seus inventos:

A min dende nena me encantan os reloxos, as máquinas do tempo. Así que transformeime en reloxeira. Que mellor modo de PASAR O TEMPO que contando historias?

Dentro da ampla e variada programación tamén representamos tres funcións de VIAXE A DADÁ da nosa compañía  Teatro da Semente. A obra tivo moi boa acollida por parte das familias, mágoa que quedase xente fóra! Haberá que volver a Pontevedra!!!

Xa estou agardando o tema do ano que ven, cal será? A min encantaría me que fose A COMIDA, para cociñar contos a fogo lento… Ummm! Son unha larpeira!

A Viaxe de Nano na Biblioteca Nodal de Lugo

Nano continua viaxando e viaxando, e así chegou á Biblioteca Nodal de Lugo. Os mais pequenos seguiron con moitísima atención as aventuras de Nano e Pío, e para rematar, nada mellor que un bo baile!

A Viaxe de Nano

X