Contos do Cestiño en Meaño

A primeira actuación de este ano 2013: os Contos do Cestiño voltan a Meaño, con novas historias:

Contos en Pontevedra

“Que non nos quiten a ilusión!” é o lema de “Pontexogos“, o programa de apoio ao comercio local que organiza o Concello de Pontevedra, que se celebra ata o 4 de xaneiro, Na carpa que se montou na Praza de España, celebraranse  obradoiros de pintura, papiroflexia, confección de xoias, estampación con verduras… e por suposto, contos, contos e mais contos!

 

Contos do Cestiño na Gurugú

Os Contos do Cestiño remataron a programación semanal “Sábados en Familia” da Sala Gurugú por este ano.

Foi unha actuación moi entrañable e divertida, coma estas datas.

Contos de Nadal en Muros

Este venres 21 de decembro, tiven o pracer de voltar a fermosa vila de Muros. Para festexar o comenzo das vacacions, nada mellor que unha sesión de contos con historias relacionadas con o Nadal. A actividade desenrolouse na “Casa de San Xosé”, e foi organizada pola Biblioteca Municipal.

A Viaxe de Nano en Trazo

O 21 de decembro pola mañán, Nano dexouse ver no Punto de Atención á Infancia do Concello de Trazo. Os mais pequenos, nais, pais, irmáns maiores, avós e avoas, gozaron coas aventuras de Nano.

Historias da Maletra na II Festa da Lectura no Porto do Son

O 17 de decembro celebrouse na Casa da Cultura de Porto do Son, a II Festa da Lectura. Enchían a sala uns 200 alumnos do primeiro e o segundo ciclo de primaria, que disfrutaron do espectáculo de contos, as representacións musicais e como non, as panxoliñas.

X