Caso Pechado no IES Chano Piñeiro de Forcarei

6 xuño, 2013

As historias de suspense de Caso Pechado atraparon a atención dos alumnos do Instituto Chano Piñeiro de Forcarei.

No seu blog, fixeron a seguinte reseña:

“Cando alguén é quen de lograr que o alumnado que o está a escoitar nin se inmute cando soa o timbre de saír ao recreo, quere dicir que conectou co seu público. Isto é o que logrou Raquel Queizás esta mañá coa rapazada de 1º e 2º ESO do IES Chano Piñeiro co seu espectáculo Caso Pechado. Contos clásicos como “A pata de mono” de William Wyamrk Jacobs ou “Cordeiro asado” de Roald Dalh narrados dentro dunha boa ambientación case ás escuras que nos permitiron achegarnos dun xeito ameno  e participativo á literatura de misterio e terror.”

O rematar a sesión dúas das alumnas, Susana e Andrea, fixéronme unha entrevista que pronto estará publicada no Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega.

Moitas grazas a Anxo Fernández, coordinador ENDL no Instituto Chano Piñeiro, por organizar esta actividade e outras moitas que podedes consultar en esta ligazón.

X