Na tua man. Contos pola igualdade. en Lugo

23 novembro, 2022

Hoxe na Biblioteca pública de Lugo, contadas escolares con “Na túa man. Contos pola igualdade”

Nellie Bly foi a primeira reporteira de periodismo de investigación e pioneira do xornalismo encuberto. Remexeu as conciencias coas súas atrevidas e perigosas reportaxes.
Aquela mañá por baixo da porta da reporteira entrou unha nota anónima, “na túa man” poñía…
Ao longo dunha inesperada investigación iremos descubrindo historias e relatos para poñer en valor o respecto , a tolerancia, e a comunicación dentro das relacións entre as persoas.
Desmitificaremos o mal chamado “amor romántico” para dar a coñecer o fenómeno da violencia de xénero, incidindo nas causas, tipos e consecuencias.

X